Fotografía de Ochoa Avogados

Consultas e recursos online

O noso despacho, ofrécelle a posibilidade de tramitar as súas consultas e recursos administrativos a través de internet de forma rápida e sinxela.

Consultas

A través de este servizo poderá enviarnos as súas consultas sen ter que desprazarse. Para iso, debe cubrir o seguinte formulario e nun prazo máximo de 48 horas dende a súa recepción, responderémoslle á súa consulta indicándolle cal é a súa posición legal, de que opción dispón e suxerímoslle posibles solucións.

Se tras responder á súa consulta vostede considera que o seu caso debe ser tratado polos nosos profesionais atenderémolo nos nosos despachos.

Recursos

Ofrecémoslle a posibilidade de tramitar os recursos administrativos de forma fácil online. Contra as resolucións e actos das Administracións Públicas susceptibles de recurso en vía administrativa encargámonos de redactar os seus recursos formulando as alegacións que ao seu dereito lle conveñan.

Para iso debe remitirnos o formulario debidamente cumprimentado e a resolución ou acto administrativo a recurrir xa sexa dixitalmente (escaneando o documento e adxuntándollo ao formulario) ou enviando vía fax ao número que encontrará nos nosos datos de contacto.

Unha vez recibido o formulario remitirémoslle un presuposto da elaboración do recurso e unha vez aceptado e confirmada a realización do pago remitirémoslle os recursos vía correo electrónico ao enderezo facilitado xunto coas instruccións para a súa presentación polo cliente.

Pago

O pago dos servizos online poderá efectuarse das seguintes maneiras:

  • Tarxeta de crédito a través do TPV virtual do banco galego
  • Transferencia bancaria
  • Ingreso en conta