Consultas e recursos administrativos online en Cambados e O Grove
Consultas e recursos online
O noso despacho ofrécelle a posibilidade de tramitar as súas consultas e recursos administrativos a través de internet de forma rápida e sinxela.
Consultas
A través deste servizo poderá enviarnos as súas consultas sen ter que desprazarse. Para iso, debe encher o formulario e nun prazo máximo de 48 horas desde a súa recepción, responderémoslle á súa consulta indicándolle cal é a súa posición legal, de que opcións dispón e suxerirémoslle posibles solucións.
Se tras responder ao seu conulta vostede considera que o seu caso debe ser tratado polos nosos profesionais atenderémoslle nos nosos despachos.
Recursos
Ofrecémoslle a posibilidade de tramitar os seus recursos administrativos de forma fácil online. Contra as resolucións e actos das Administracións Públicas susceptibles de recurso en vía administrativa encargámonos de redactar os seus recursos formulando as alegacións que ao seu dereito conveñan.
Para iso debe remitirnos o formulario debidamente cumprimentado e a resolución ou acto administrativo a recorrer xa sexa dixitalmente (escaneando o documento e achegándoo ao formulario) ou enviándoo vía fax ao número que atopará nos nosos datos de contacto.
Unha vez recibido o formulario remitirémoslle un orzamento da elaboración do recurso e unha vez aceptado e confirmada a realización do pago remitirémoslle o recurso vía correo electrónico á dirección facilitada xunto coas instrucións para a súa presentación polo cliente.
Pago
O pago dos servizos online poderá efectuarse dos seguintes modos:
- Tarxeta de crédito
- Transferencia bancaria
- Ingreso en conta
¿Quere realizar unha consulta?
Póñase en contacto connosco. Os nosos profesionais asesoraranlle de maneira totalmente personalizada en calquera rama do dereito.