DA DETENCIÓN ILEGAL

Publicado: 25 de mayo de 2020, 09:56
  1. OCHOA
DA DETENCIÓN ILEGAL

O Conseil Constitunniel de Francia, máximo órgano xurídico galo, validou a lei que prorroga o estado de emerxencia sanitaria en Francia ata o vindeiro 10 de xullo, modificando parcialmente apartados vinculados ao illamento dos enfermos e ao rastreo dos seus contactos. O seu ditame sobre a adecuación á Constitución foi solicitado polo presidente francés, Emmanuel Macron; o do Senado, Gérard Larcher, e outros parlamentarios. O Consello Constitucional subliñou que o illamento completo dos casos sospeitosos e dos enfermos de coronavirus, que prohibe calquera saída ou obriga a estar no domicilio máis de 12 horas ao día, é unha medida privativa de liberdade

Destacou que só debe aplicarse a quen entre no territorio nacional tras ter estado no mes anterior nunha zona na que circulara o virus, ou a quen vaia a Córcega e aos  departamentos de ultramar desde a Francia metropolitana.

O illamento debe decretarse tras un certificado médico e ser  prolongado máis alá dos 14 días iniciais si así o deciden tamén os médicos e o autoriza un xuíz.

En canto ao tratamento dos datos dos enfermos de COVID-19 e de quen estivese en contacto con eles, di que esa información debe limitarse á súa situación serolóxica ou virolóxica.

O Consello Constitucional engadiu que os datos de identificación dunha persoa infectada non se poderán dar ás persoas coas que estivese en contacto sen a súa autorización e ese dispositivo de recollida de información debe limitarse ao tempo estritamente necesario para loitar contra a pandemia.

Se desexa ver o artigo completo, prema na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2020/05/24/da-detencion-ilegal/0003_202005A24C6991.htm

 

Noticias relacionadas

De que velaí volve o outono, non sei se para sempre 9 sep

De que velaí volve o outono, non sei se para sempre

09/09/2026 OCHOA
A tecnoloxía esá a homoxeneizar a cultura, e esa mutación pon en perigo a tradición e o idioma galego; por iso hai que lembrar a Cunqueiro, que pedía para Galicia e a súa lingua mil primaveras máis. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
De nós, os afrodescendentes 9 sep

De nós, os afrodescendentes

09/09/2026 OCHOA
O devir da Humanidade, o que levamos no ADN, o que somos, foi derivado de migracións desde a aparición da nosa especie agachada nos bosques húmidos e nas estepas africanas. Se desexa ver o artigo  completo, préma na seguinte
Da Memoria Artificial 24 ago

Da Memoria Artificial

24/08/2026 OCHOA
«As compañías de IA están a incrementar ata límites asombrosos os seus ingresos e, polo tanto, a crear ricos individuais» Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón:  
Do 2027, ano xubilar, xacobeo e turístico 24 ago

Do 2027, ano xubilar, xacobeo e turístico

24/08/2026 OCHOA
O Camiño de Santiago deixou de ser percorrido por peregrinos que querían evitar o Purgatorio e pasou a ser ocupado por turistas. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte