A SERVENTÍA

Publicado: 20 de febrero de 2024, 12:27
  1. OCHOA
A SERVENTÍA

       En moitas ocasións confúndense dúas institucións con incidencia no exercicio do dereito de propiedade porque servidumes e serventías son institucións adxectivas do dereito que regula o artigo 33 da Constitución Española, aínda que esta afirmación só é exacta na cualificación como adxectiva. Porque a diferencia fundamental entre servidume e serventía é que a primeira é un gravame sobre unha propiedade a favor doutras, e a segunda é unha propiedade en si cunha función adxectiva.

             En efecto a serventía é un paso ou camiño privado común a xeito de propiedade xermánica, sen cotas que dá o dereito de usala, gozala e posuíla aos seus titulares en común e a efectos de paso e servizo dos predios.

             Esa institución presúmese, conforme á Lei de Dereito civil de Galicia 

             1.º)Si as fincas forman ou formaron parte do agro, agra ou vilar, e se prueba o uso continuo.

             2.º)Cando o paso ou camiño foi establecido na partilla da herdanza ou división de cousa común como servizo para todas ou algunha das fincas resultantes.

             3.º)Se o camiño aparece referido como testeiro nos títulos das fincas que se sirven por el.

             4.º)Cando o paso ou camiño é usado poos estremeiros para acceder ás súas fincas situadas sen outra saída a camiño público.

             Trátase dunha propiedade indivisible, todos os titulares terán que contribuír a partes iguais cos gastos de conservación, e calquera alteración esixirá unanimidade, non sendo cando produza un prexuízo importante para un dos predios, caso este no que se pode propoñer un trazado diferente sempre que non exista prexuízo grave para os demais titulares.

Archivos adjuntos

SENTENCIA Y AUTO RECTIFICACION ERROR MATERIAL.pdf

Descargar

Noticias relacionadas

De que velaí volve o outono, non sei se para sempre 9 sep

De que velaí volve o outono, non sei se para sempre

Ayer OCHOA
A tecnoloxía esá a homoxeneizar a cultura, e esa mutación pon en perigo a tradición e o idioma galego; por iso hai que lembrar a Cunqueiro, que pedía para Galicia e a súa lingua mil primaveras máis. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
De nós, os afrodescendentes 9 sep

De nós, os afrodescendentes

Ayer OCHOA
O devir da Humanidade, o que levamos no ADN, o que somos, foi derivado de migracións desde a aparición da nosa especie agachada nos bosques húmidos e nas estepas africanas. Se desexa ver o artigo  completo, préma na seguinte
Da Memoria Artificial 24 ago

Da Memoria Artificial

24/08/2026 OCHOA
«As compañías de IA están a incrementar ata límites asombrosos os seus ingresos e, polo tanto, a crear ricos individuais» Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón:  
Do 2027, ano xubilar, xacobeo e turístico 24 ago

Do 2027, ano xubilar, xacobeo e turístico

24/08/2026 OCHOA
O Camiño de Santiago deixou de ser percorrido por peregrinos que querían evitar o Purgatorio e pasou a ser ocupado por turistas. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte