DO GRAN IRMÁN

Publicado: 15 de junio de 2020, 10:30
  1. OCHOA
DO GRAN IRMÁN

A protección de datos de carácter persoal é un novo dereito fundamental da persoa, de última xeración, de xeito que os datos persoais hai que tratalos leal e licitamente, para finalidades concretas, co consentimento do titular ou sobre outra base de lexitimación do tratamento. Estes novos dereitos son esixibles fronte a todos: Administracións Públicas, empresas e particulares.  Xa se ten denominado como dereito á "autodeterminación informativa", ou "autodeterminación informática"

O artigo 18.4 da Constitución di que "a lei limitará o uso da informática para garantir o honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos".

O 290/2000 Tribunal Constitucional, na súa sentencia 290/2000 recoñeceu como dereito fundamental  autónomo o da protección de datos persoais; No Fundamento Xurídico Sexto, distinguiu entre odereito á intimidade e á protección de datos persoais indicando que "A función do dereito fundamental á intimidade do art. 18.1 C.E.é a de protexer fronte calquera invasión que poida realizarse naquel ámbito da vida persoal e familiar que a persona desexa excluír do coñecemento alleo e das intromisións de terceiros contra a súa vontade. En cambio, o dereito fundamental á protección de datos persigue garantir a esa persoa un poder de control sobre os seus datos persoais, sobre o seu uso e destino, co propósito de impedir  o seu tráfico ilícito e lesivo para a dignidade e dereito do afectado."

E no seu Fundamento Xurídico Sétimo indica que "o contido do dereito fundamental á protección de datos consiste nun poder de disposición e de control sobre os datos persoais que faculta á persoa para decidir cales deses datos proporcionar a un terceiro, sexa o Estado ou un particular, ou cales pode este terceiro dispor e que tamén permite ao individuo saber quen posúe eses datos persoais e para que,  podendo oporse a esa posesión ou uso."

Ou sexa:

                               É  un dereito fundamental de toda persoa o tratamento leal e lícito dos seus datos, para finalidades concretas e con seu consentimento previo.

Se quere ver o artigo completo, prema na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/06/14/do-gran-irman/0003_202006A14C8992.htm

 

 

                               Os dereitos en materia de protección de datos perfílanse como dereitos horizontais, é dicir, que se pretenden exercer fronte a todos.

                               O PrivacyShield ou Escudo de Privacidade entre UE e EEUU protexe os dereitos fundamentais de calquera persoa da UE nos datos persoais que se transfiran a EEUU.

Noticias relacionadas

De que se precisan líderes no rural 6 jul

De que se precisan líderes no rural

06/07/2026 OCHOA
A xente foxe de vilas e de aldeas cara ás cidades, Só queda, como esperanza, a xuventude e a forza, formación, innovación e resiliencia que lle son propias. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
Da primeira escola que vivín 6 jul

Da primeira escola que vivín

06/07/2026 OCHOA
«O franquismo, na andaina escolar da miña xeración, fíxonos perder un mundo de tempo querendo inculcarnos bobadas» Se desexa  ver o artigo completo, préma na seguinte
Dos mundos e das palabras que se foron 22 jun

Dos mundos e das palabras que se foron

22/06/2026 OCHOA
Identifiqueime con Balbino, como lles pasou a miles de rapaces das aldeas; os balbinos, sempre opostos aos manolitos que, tamén aquí, vivían na vila e falaban castelán. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
Do trasfego de influencias 8 jun

Do trasfego de influencias

08/06/2026 OCHOA
Estes días estase a falar moito do delito de tráfico de influencias, no fondo é un xeito de baldeirar o diñeiro públio, pero para xulgar esa conduta hai que fiar moi fino. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte