DO RECEO Á NOVA NORMALIDADE

Publicado: 08 de junio de 2020, 10:54
  1. OCHOA
DO RECEO Á NOVA NORMALIDADE

O artigo 1 do Código civil declara que as fontes do Dereito son a Lei, o costume  e os principios xerais do Dereito. O 1.2 establece "carecen de validez as disposicións que contradigan outras de rango superior". E o artigo 6 da Lei Orgánica do Poder Xudicial ordena que "os Xuíces e Tribunais non aplicarán os Regulamentos ou calquera outra disposición contraria á Constitución, á lei ou ao principio de xerarquía normativa". O artigo 9.3 da Constitución, ao recoñecer o principio de legalidade postula unha xerarquización das normas xurídicas (STC52/1983) . Así a Constitución é a primeira fonte do Dereito, logo as Lei Orgánicas  e as ordinarias, Decretos Leis, (art. 86 CE), Decretos lexislativos dictados en desenvolvemento das Leis de Bases (arts. 82 a 85 CE) e Regulamentos do Goberno (art. 97 CE). A relación entre Leis Orgánicas  e leis ordinarias, art. 81 CE) vén dada pola materia (STC 213/1996) e así a Constitución é a principal fonte do ordenamento xurídico, e, polo tanto, as leis deben respectar a Constitución como di o art. 9.1 CE "Os cidadáns e os poderes públicos están suxeitos á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico" e a LOPX,  art. 5.1 declara que "A Constitución é a norma suprema do ordenamento xurídico, e vincula a tódolos xuíces e tribunais, que interpretarán e aplicarán as leis e os reglamentos segundo os preceptos e principios constitucionais, conforme á interpretación dos mesmos que resulte das resolucións ditadas polo Tribunal Constitucional en todo tipo de procesos". E o art. 3.1 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, establece que as Administracións Públicas actúan con sometemento pleno á Constitución, á Lei e ao Dereito. E os Tratados internacionais son fonte directa (art. 96 da Constitución española) e  formarán parte do ordenamento xurídico interno "unha vez publicados oficialmente en España". En definitiva, en primeiro lugar da escala xerárquica das normas do noso ordenamento xurídico está a Constitución, despois os Tratados internacionais publicados, as Leis Orgánicas e Ordinarias, os Decretos-Leis, os Decretos Lexislativos, os Regulamentos aprobados polo Goberno por Real Decreto e os regulamentos aprobados por Orden ministerial. Como complemento das normas anteriores estarían o costume, os principios xerais do Dereito e a xurisprudencia. Engadindo a primacía do Dereito comunitario que esixe adaptar o Dereito nacional ao Dereito comunitario.

Se desexa ver o artigo, prema na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ordes/2020/06/07/do-receo-a-nova-normalidade/0003_202006A7C4991.htm

 

Noticias relacionadas

Da beleza do abandono 27 abr

Da beleza do abandono

Ayer OCHOA
O estripo, como a allea acacia, infesta as leiras abandonadas. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2026/04/26/da-beleza-do-abandono/0003_202604A26C4991.htm FOTO: MÓNICA IRAGO
Da política de vivenda a salto de mata 20 abr

Da política de vivenda a salto de mata

20/04/2026 OCHOA
O Real Decreto lei 8/2026 non parece que vaia solucionar o problema, polo menos visto dende O Salnés. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2026/04/19/span-langglda-politica-vivenda-salto-mataspan/0003_202604A19C4991.htm FOTO:
Das columnas de José Ramón Alonso de la Torre 13 abr

Das columnas de José Ramón Alonso de la Torre

13/04/2026 OCHOA
É probable que ningunha outra cidade teña, como Vilagarcía, o privilexio de que lle vaian configurando a súa historia dun xeito tan fermoso e xeneroso. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
Do Novruz, a entrada na primavera persa 24 mar

Do Novruz, a entrada na primavera persa

24/03/2026 OCHOA
Irán entra no seu ano 1405 en medio dunha guerra. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2026/03/22/span-langgldo-novruz-entrada-na-primavera-persaspan/0003_202603A22C4991.htm FOTO: MARTINA MISER